01/06/2026
A CIG-Servizos de Compostela denuncia as “insoportables” temperaturas que tiveron que aturar tanto o persoal como o alumnado usuario dos comedores escolares de CEIP de Ventín e máis o do EEI do Milladoiro. Lembran que o concello fixo medicións, pero denuncian que non se adoptaron as medidas necesarias.
Nestes días rexistráronse, nos termostatos destes comedores escolares, temperaturas entre os 29´5ºC e 30´5ºC. O persoal lembra que malia levar anos denunciando a situación ninguén fai nada. “Sentímonos ignoradas e temos medo de que algún día algunha traballadora ou usuarios/as do servizo sufran algún golpe de calor”.
Exixe ao concello de Ames medidas urxentes antes de que o persoal ou o alumnado sufran un golpe de calor