BelaFurtiva

BelaFurtiva Bela Furtiva pon en valor a cultura a través da arte e do deseño de obxectos, espazos e experiencias

24/06/2026

Co noso ramallete de herbas de San Xoán, desexámosvos un moi bo día de San Xoán!! 🤍

23/06/2026

RECOLLIDA DAS HERBAS DE SAN XOÁN

Fento, malva, herba luisa, fiuncho, roseira, macela, milfollas, herba de san xoán, estalote…

Coa auga das sete fontes e as herbas de san xoán, xa temos todo listo para facer o cacho.

23/06/2026

Á PROCURA DA AUGA DAS SETE FONTES

Foi difícil conseguiri coller auga das setes fontes, porque atopamos bastantes fontes sen auga, pero finalmente, despois de percorridas as fontes de Sar e adentrándonos por Angrois, Aríns e Boqueixón, conseguímolo.

O que temos claro é que a tradición milenaria que hoxe se nomea como San Xoán non a podiamos deixar pasar!! Como en tantas outras tradicións galegas, a conexión profunda coa Natureza vencéllanos de forma especial co noso territorio.

Gozade moito desta noite máxica!! 🌿🌿🌿

22/06/2026

BANCO XARA TAPIZADO COA TEA XOANA

Se hai unha celebración máxica por excelencia, para nós é a do San Xoán. Por iso creamos en colaboración con Natalia Moreno ( ) unha tea única, un liño pintado a man con motivos das herbas de San Xoán: o romeu, o codeso e o fento.

Agora mesmo podes atopar no escaparate do noso Bazar o banco Xara tapizado con esta tea e verás que é un auténtico amor.

Rodéate sempre do máis especial. Goza do San Xoán!

21/06/2026

CINCO COUSAS INTERESANTES SOBRE OS NOSOS MOBLES

-Son pezas de colección, pensadas en edicións únicas ou limitadas.
-Son deseñados por nós e fabricados en proximidade.
-Están fabricados con materiais naturais, coma madeira, pedra, metais, seda, lá, etc.
-Fan moitas referencias á cultura galega, ás veces misturada con outras culturas coma a italiana ou a libanesa.
-Poñen o toque especial a calquera espazo.

20/06/2026

HOMENAXE A DAVID HOCKNEY

Recreación do cadro “Retrato de Edith Devaney“, baixo o título “Retrato da muller dos ollos azuis”. Homenaxe ao pintor británico David Hockney, falecido o 11 de xuño do 2026.

Escena co moble de Bela Furtiva: prototipo de cadeira Lombiña.

Interpreta Alicia.

pezassingulares

19/06/2026

HOMENAXE A DAVID HOCKNEY - PARTE 2

Homenaxe ao pintor británico David Hockney, falecido o 11 de xuño do 2026.

Recreación do cadro “Model of Unfinished Self Portrait 1977“, baixo o título “49 anos despois do 1977”.

Escena cos mobles de Bela Furtiva: banco Eduard, mesa Cósima, prototipo de cadeira Lombiña, mesa Luca, armario Xara e coxín Camelias.

Interpretan Alicia e Xema.

16/06/2026

MOBILIARIO NO BAZAR DE BELA FURTIVA

Se estás á procura deses mobles cos que dar un toque especial ao teu espazo, no noso Bazar podes facerte cos mobles de Bela Furtiva. Pezas de colección en edicións únicas ou limitadas, deseñados por Bela Furtiva e fabricados en proximidade.

E se o que queres é amoblar de xeito integral un espazo, sexa un comercio, un hotel, un restaurante ou unha vivenda, podemos facer o proxecto de amoblamento completo, deseñando a medida moitos dos mobles e complementándoos con mobiliario de firmas de deseño de recoñecido prestixio.

Achégate ao noso Bazar na rúa Ponte do Sar 89, en Santiago, ou escríbenos a [email protected]

15/06/2026

A TERRAZA

A Terraza do Bar Recobio by Bela Furtiva.

Que si, que o verán xa ven entrando.

Dirección

Rúa Ramón Cabanillas 6 3ºB
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BelaFurtiva publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a BelaFurtiva:

Compartir

Categoría