Contorna Social

Contorna Social Asociación de profesionais do traballo social na área de Vigo.

Logo de dez anos de percorrido,decidiomos tomar corpo como grupo e dar un paso máis cara a levar adiante outras actividades que fomenten e favorezan maior contacto entre compañeiras/os que traballamos ou traballaron na provincia de Pontevedra. Pensamos que, profesionalmente, sería gratificante dispor dun espazo para opinar, debater e reflexionar neste contexto actual de dificultade para o movement

o social. Isto é o que quere ser CONTORNA SOCIAL, un lugar de encontro para o análise da realidade social, un nexo que facilite o apoio e o intercambio profesional onde todas e todos teremos cabida. Seguiremos levando a cabo o Xantar Anual, que ano tras ano, segue a contar cunha alta participiación de todos nós. Tamén queremos consolidar a inciativa vencellada a nosa profesión que, de xeito espontáneo, sucedeu o ano pasado coa homenaxe a compañeira Ana Mª Soto, celebrada en Vigo no Acto de Conmemoración do Día Mundial do Traballo Social, no mes de Marzo. Recoñecer o labor profesional de compañeiras e compañeiros, xa xubiladas/os, pareceunos de xustiza. Festexar a nosa adicación a unha profesión fermosa ao tempo que complexa, nos cohesiona coma profesionais e fai piña como grupo, e ten unha data sinalada, que non é outra que o Día Mundial do Traballo Social.

Dirección

Vigo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Contorna Social publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Contorna Social:

Atajos

Compartir