Astilleros Lojo

Astilleros Lojo Construcción e reparación de todo tipo de embarcacións de madeira, feitas de forma artesanal seguindo os metodos de construcción da carpintería de ribeira.

Dirección

Rianjo
15920

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:00
15:00 - 19:00
Martes 09:00 - 13:00
15:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:00
15:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 13:00
15:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:00
15:00 - 19:00

Teléfono

981863224

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Astilleros Lojo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Astilleros Lojo:

Compartir

Tradición de carpintería de ribeira

A historia do estaleiro remóntase a 1934 con Ángel Lojo Ordóñez comezando coa construción de embarcacións de madeira con popa de parrulo destinadas na súa gran maioría a pesca con artes menores, entre elas destacan lanchas xeiteiras e botes a vela e a remos.

No 1955 continúase co mesmo proceso de construcción pero coa necesidade de satisfacer a demanda de embarcacións propulsadas a motor procédese a modificar as formas, adaptando así as embarcacións para a instalación de hélice e motor central.

En 1962 entra a segunda xeración a mans de Manuel Lojo Lorenzo herdando a fasquía das embarcacións anteriores. O progreso da tecnoloxía e as técnicas de traballo da lugar a que as embarcación demandadas sexan cada vez máis grandes e máis variadas dependendo das distintas artes de pesca.

Dase así arredor do ano 1972 a construción da primeira embarcación destinada ó servicio de mexiloneiras. Dado que a función máis importante destas embarcacións é o transporte do mexilón, dase un salto no tamaño das embarcacións construídas ata a fecha.