07/06/2026
✈️🌍 As vacacións dos teus soños poden estar máis preto do que pensas...
Antes de reservar por internet e pasar horas comparando opcións, déixate asesorar por profesionais que coñecen o sector e poden axudarche a atopar a viaxe perfecta para ti. 💙
En Cambados Zona Centro contamos con axencias de viaxes asociadas que levan anos facendo realidade miles de aventuras:
🧳 Viaxes Otero
Máis de 30 anos de experiencia axudando aos seus clientes a atopar o destino ideal.
Especialistas en viaxes de lecer, lúas de mel, cruceiros, escapadas románticas, viaxes en familia, grupos e viaxes de negocios. Forma parte do Grupo Europa, unha das redes de axencias máis consolidadas do país.
📞986531907
📍Rúa Eduardo Pondal, 3, 36630 Cambados, Pontevedra.
🌴 Baluma Travel
Especialistas en turismo vacacional desde 2003.
Organizan viaxes de noivos, viaxes de empresa, grupos, venda de billetes de avión e autobús, e todo tipo de escapadas para que só te preocupes de desfrutar.
📞986520304
📍Av. de Vilagarcia, 91, 36634 Cambados, Pontevedra.
💭 ¿Xa sabes onde será a túa próxima aventura?
🏖️ Praia, cidade, montaña, cruceiro ou un destino exótico... o primeiro paso pode estar moito máis preto do que imaxinas.
📍 Apoia o comercio local e planifica as túas vacacións con profesionais de confianza.
Comercio galego