Asociación de Mulleres Rurais "Maximino e Melania"

Asociación de Mulleres Rurais "Maximino e Melania" Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación de Mulleres Rurais "Maximino e Melania", CEA, Ourense.

21/10/2021

21 de novembro. Camiñamos cara o Respecto, e facémolo de forma novidosa nesta iniciativa promovida polos Concellos de Piñor e San Cristovo de Cea.

Camiñaremos cara o Respecto que todos queremos, de xeito simbólico para frear esa outra lacra que nos tocou vivir como é a Violencia en xeral e a Violencia de Xénero en particular.

Camiñaremos cara o Respecto por un fermoso sendeiro que transcorre a medias polos concellos que promoven esta iniciativa.

Reservade data, adiantamos que será o 21 de novembro, e que a forma de inscrición será semellante a de anteriores andainas, que a distancia do percorrido e de 11 quilómetros e que a súa dificultade e baixa. Moi pronto máis información.

Anímaste?




07/10/2021

Abrimos prazo de inscrición para as clases de Ioga.

Novidoso método, para todas as idades, tanto para principiantes como para xente con experiencia. Requerimento físico baixo.

Na práctica do ioga realizanse una serie de posturas (asanas) que influen simultáneamente sobre o plano físico, mental e emocional de cada individuo, basado nos movementos das sete partes do corpo humano: o tronco, as pernas, os
brazos, o cuello, as mans, a cara e os pies; acompañado de maneira consciente coa respiración. Permite de forma progresiva o desenvolvemento da flexibilidade, elasticidade, forza muscular, estados de relaxación, calma, tranquilidade e a sensación de benestar en xeral.

Metodo empregado: Hatha Ioga

Inscríbete! O Completar grupo comezaremos as clases.

A inscrición pode facerse no concello presencialmente, a través do whatsapp (672122300) ou no enderezo electrónico [email protected].

30/09/2021
04/08/2021

Cine na Rúa, este sábado ás 22:30 horas na Praza Maior de Cea. Cadeiras para os asistentes, protocolo covid (distancia, máscara obligatoria...).

Contaremos na proxección coa presenza de Ignacio Vilar, director da película, para un pequeno coloquio o rematar.

29/07/2021

➡️ ESPECTÁCULO ⬅️

📆 Sábado, 31 de xullo
🕐 20:00 horas
🏡 Praza Maior de Cea

José Rivera trae a Cea o seu espectáculo NYX, dentro do programa Cultura no Camiño.

Trátase dun espectáculo innovador, que non deixará indiferente a nadie. Máxia, Hipnotismo e Mentalismo para todos os públicos.

Un boa oportunidade para disfrutar un espectáculo que destaca pola súa orixinalidade.

Vas perdelo??

16/07/2021

➡️ MÚSICA DE BANDA - BANDA DE MÚSICA⬅️

Dentro da programación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (REAOU), na Praza Maior, en cadeiras, con mascarilla obrigatoria en todo intre:

O sábado, ás 20.00 horas, o Concello de San Cristovo de Cea será escenario do concerto «The Show Must Go On» interpretado pola Agrupación Musical da Limia, que farán un percorrido pola historia da música nacional, latina e internacional. Estarán presentes temas de Alaska e Dinarama, Queen, Europe ou ABBA, entre outros. Non faltará a música máis tradicional galega. Ademais, como parte da actuación, realizarase unha «performance» do esconxuro da queimada.

Actividade ao aire libre!!!


15/07/2021

⚠️ CRIBADO COVID ⚠️

Para mozos e mozas dos Concellos da Comarca do Carballiño 👇

Test, Test, Test! Se tes entre 16 e 35 anos e vives nos concellos da Comarca do ven ao cribado deste martes 20 de xullo no Pavillón Polideportivo Paco Chao. Inscríbete 👉.

🔗 https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Recibirás un SMS de confirmación.

É o teu momento de axudar

15/12/2020

🌲 AXENDA DE NADAL🌲

Nadie dúbida de que este é un ano atípico e complicado para todos, un ano que toca reinventarnos e tratar de facer as cousas dun modo diferente, de poder estar xuntos sin estalo; agora mesmo a prioridade é a saúde de todos.

Trátase dunha novidosa Axenda Cultural, virtual si, pero que coidamos que pode ser cercana.

👉 Netos e netas compartide con pais e avós o contido desta axenda.

👉 Nais e pais compartide con fillos e pais

👉 Avoas e avós, compartide con fillos e netos...

Así deste xeito, podemos superar todos os aforos, podemos estar xuntos sen estalo e podemos ver este ano un montón de cousas bonitas e interesantes que se fan neste concello.

Apostamos polo local, apostamos por nós e pola nosa xente!!!

Grazas a todos os que colaboran nesta Axenda tan diferente, grazas a comunidade de Oseira, a Silvia, a Roberto, a Dani, a Feitizo de Pau, ao Coro de Cea, as Pandereteiras de Cea, a Acisclo, aos Reís Magos de Oriente, a José Santeiro... A todas as persoas anónimas que dalgún xeito aportan a súa colaboración nesta programación.



26/04/2020
02/04/2020

ℹ️ SERVIZO DE IMPRESIÓN ℹ️

Poñemos en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares.

Se precisas imprimir as tarefas escolares dos cativos e cativas e non tes impresora ou non tes tinta, envíanos as tarefas a [email protected] e nós imprimímolas e acercámochas a casa.

Para máis información 988 282 000 (de 9 a 14 horas) ou no 672 122 300 (tamén WhatsApp).

No correo adxunta a túa dirección para poder levarcho.

O importante NO SAÍR DA CASA.

12/03/2020

*⃣ OFICINAS MUNICIPAIS *⃣

As oficinas municipais situadas no Concello permanecerán abertas no horario habitual e prégase a toda a veciñanza:

- Acudir presencialmente so para aqueles trámites de extrema necesidade.

- Empregar o teléfono, sempre que sexa posible para as tramitacións necesarias. No 988 282 000 serán atendidas todas aquelas consultas/tramitacións que se podan levar a cabo.

- A través do enderezo electrónico [email protected] tamén se poderán formular peticións que serán respondidas a maior prontitude posible.

- A través da Sede Electrónica Municipal (https://concellosancristovodecea.sedelectronica.gal) tamén se poderán realizar os trámites que así requiran.

Dito o anterior, reiteramos que os trámites de extrema necesidade se farán presencialmente e, na medida do posible, recomendamos chamar antes de acudir ao 988 282 000 para evitar aglomeracións de xente.

Estas son medidas preventivas que se manterán polo menos ata o 27 de marzo.

Dirección

CEA
Ourense
32130

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación de Mulleres Rurais "Maximino e Melania" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir